O Concello inicia a limpeza de beirarrúas nos cascos urbanos

Silleda, 29 de xuño de 2017.  O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, vén de iniciar os traballos de limpeza das beirarrúas nos cascos urbanos.

Tres operarios municipais equipados con dúas novas máquinas limpadoras procederán nos vindeiros días á limpeza das rúas en Silleda, onde a vindeira semana se celebran as festas de verán. Os traballos trasladaránse despois á vila da Bandeira.

“Con estes novos equipos de limpeza mellorarase o servizo, cunha limpeza máis eficaz”, engade o concelleiro, que lembra que nos vindeiros días tamén se incorporará ao servizo unha máquina barredora.