O Concello investirá preto de 180.000 euros en distintas melloras no Parque Empresarial Área 33

Silleda, 4 de agosto de 2017.  O Concello de Silleda continuará este ano realizando distintas actuacións de mellora no Parque Empresarial Área 33. Así, nos vindeiros meses levaranse a cabo dúas actuacións para a mellora de infraestruturas viarias e de servizos enerxéticos, respectivamente. A inversión total ascende a 180.000 euros, e as obras financiaránse con cargo ás subvencións logradas da Consellería de Economía Emprego e Industria e con fondos municipais.

No primeiro caso, en relación ás infraestruturas viarias, procederáse a mellora dun dos accesos ao polígono empresarial silledense, dende a estrada N-525. A inversión neste caso será de 149.996,49 euros, sendo subvencionado por parte da Administración Autonómica o 80% do importe. Trátase dun vial moi utilizado para acceder tanto a esta zona industrial do municipio.

En canto ás melloras de servizos enerxéticos o investimento ronda os 30.000 euros, tamén cunha subvención do 80%. Neste casos a actuación consiste na substitución de luminarias tanto en viais do polígono como en zonas peatonais por outras máis eficientes con tecnoloxía LED. Ademais da renovación das luminarias tamén se colocarán relojes astronómicos para regular o acendido das mesas en función da hora do día.

“Con esta actuación continuamos mellorando o parque empresarial Área 33 no que nos últimos anos se realizaron notables melloras”, engade o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando a dotación dun servizo de videovixiancia, o arranxo de todo o viario da zona empresarial ou a dotación de placas fotovoltáicas para mellorar o servizo de alumeado.