O Concello licita as obras de acondicionamento dos locais culturais no Centro Cultural Vista Alegre

Silleda, 20 de setembro de 2016. O  Concello de Silleda vén de licitar as obras do proxecto de aconodicionamento de locais culturais no Centro Vista Alegre da Bandeira, que se acometerán en virtude do convenio asinado o pasado día 8 entre o Concello e a Consellería de Cultura.

A Xunta de Goberno Local acordou solicitar ofertas a varias empresas do municipio para levar a cabo esta actuación, cun orzamento de 28.986,89 euros.

Con esta dotación remataránse os traballos da ampliación deste Centro Cultural que desenvolve unha grande actividade na vila. O proxecto busca acondicionar a segunda planta do edificio anexo ao volumen antigo que se levantou no ano 2013. Alí  ubicaránse distintas dependencias deste novo equipamento.

“Co acondicionamento desta última planta do edificio concluirá o proceso de ampliación iniciado hai tres anos para dotar ao Centro Cultural Vista Alegre das instalacións que merece esta entidade dado o volumen de actividades culturais que se celebran”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

As obras, financiadas polo Concello de Silleda e a Consellería de Cultura consistirán no acondicionamento interior desta última planta onde se ubicarán os novos locais.