O Concello mellora o vial entre Chaira e Barradaos, na parroquia de Saídres

Silleda, 11 de novembro de 2016.  O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, continúa a mellorar a rede viaria do municipio. Nos últimos días comezaron os traballos de mellora dun vial na parroquia de Saídres, que se acomete neste caso a través do Plan Concellos 2016 da Deputación Provincial de Pontevedra.

Esta actuación realizase na pista que une os lugares de Chaira e Barradaos, en Saidres, con preto de 1,5 kilómetros de lonxitude. A inversión desta obra ronda os 70.000 euros e inclúe tamén a dotación dun muro perpiñao no lugar de Casardoño que permitirá reforzar a seguridade viaria neste punto.

Así, coa construcción deste muro nunha das curvas que forma o vial, ampliarase a carretera e reafirmarase a calzada evitando situacións de perigo. “Coa dotación deste muro a pista contará con maior seguridade sobre todo no caso da circulación dos vehículos pesados”, indica o concelleiro de Obras, Klaus Brey.

Este muro do lugar de Casardoño estase xa rematando e en breve procederase a dotación de aglomerado neste vial, con algo máis de kilómetro e medio de lonxitude. Tamén se fará un perfilado das cunetas

“Esta é unha das actuacións destacadas que estamos a realizar con cargo a este plan provincial, dentro das obras para mellorar a rede viaria no rural silledense”, indica o concelleiro.