O Concello realiza obras de mantemento nos campos de fútbol de Laro e Lamela

Silleda, 25 de agosto de 2016. O Concello de Silleda a través do departamento de Deportes, que dirixe Ana Luisa González Costa, está a realizar traballos de conservación e mantemento nos campos de fútbol de herba natural, tarefas que se se acometen en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Esta semana os traballos realízanse no campo de Agro Novo en Laro, e nas xornadas do 12 e 13 de setembro chegarán ata o campo de Mularedos, en Lamela.

En ámbolos dous casos realizaranse tarefas de picado do terreo de xogo  e dotación de area para lograr unha mellor filtración do terreo. “Con estas actuacións cumprimos coas tarefas de mantemento nos dous campos de herba natural do municipio de Silleda.”, indica a concelleira de Deportes, Ana Luisa González que visitou hoxe o campo de Laro.