O Concello repón o cableado na recta de A Mera en Silleda para proceder a dar servizo

-Estase a repor o cableado roubado nos últimos tempos para poder dar servizo á zona

-En canto estes traballos estean concluídos, procederase ó arranxo das farolas da rúa Chousa Grande en Bandeira, das que tamén roubaron o cable en setembro de 2012

Silleda, 10 de marzo de 2016.  O Concello de Silleda está a traballar na reposición de máis de 2.000 metros de cable roubado en anos pasados nas farolas da recta de A Mera, ao pé da N-525.

Este foi o terceiro dos casos de roubo de cable detectados no municipio en poucos meses, logo de que se subtraeran 1.800 metros nunha das rúas de acceso ao polígono industrial Área 33, moi preto de A Mera, e de que, algúns meses antes quedara sen cableado toda una rúa de Bandeira, a de Chousa Grande, afectando tamén á rúa Esmorga. Nos tres casos os ladróns actuaron en tramos de alumeado que aínda estaban sen funcionar porque había problemas coas altas da empresa Hidroeléctrica, debido ás débedas que se mantiñan. Logo de solucionar os problemas de dotación, o servizo de alumeado tivo que voltar a retrasarse polo roubo de cable.

Con esta actuación empezará a darse servizo a esta zona, pasando despois á reposición do cableado nas rúas de Bandeira, as dúas zonas máis solicitadas polos veciños.

Este arranxo supón un gasto importante, en torno ós 10.000 euros só para as reparacións de A Mera, e tamén un traballo dificultoso, xa que é preciso retirar todas as farolas para insertar o cableado novo, e despois volver a colocalas.

“Lamentamos profundamente o retraso na prestación deste servizo tan necesario e tamén o dano económico que esta situación provocou ás arcas municipais”, comenta o Alcalde, Manuel Cuíña. “O Concello está a esforzarse para poder poñer en marcha este servizo o antes posible, esperando que estes feitos non se volvan a re