O goberno municipal inicia a ronda de visitas para presentar aos delegados/as municipais

Silleda, 6 de setembro de 2014. O goberno municipal de Silleda manterá encontros, dende a vindeira semana, en todas as parroquias de Silleda para presentar aos delegados e delegadas de cada localidade., tal e como se anunciara o pasado mes de xuño, cando se deu a coñecer a designación dos 33 delegados/as.

Esta ronda de visitas iniciase o vindeiro luns día 8 en Xestoso, onde a primeira das reunión se celebrará ás 21.00 horas. “Nestes encontros queremos, ademais de presentar aos delegados tamén analizaremos cos veciños as necesidade de cada parroquia, diversas actuacións e servizos  que están en marcha no municipio e recolleremos as súas suxestións e propostas”, sinala o alcalde, Manuel Cuíña.

O rexedor explica que “sobre todo queremos escoitar áos veciños e veciñas e presentar ás persoas que se van implicar directamente coas inquedanzas de cada parroquia”, engade Cuíña.

O alcalde advirte que a figura dos delegados parroquiais redundará no beneficio dos veciños e veciñas, axilizando e facilitando unha comunicación fluída entre o Concello e a veciñanza.   A segunda das convocatorias terá lugar na parroquia de Carboeiro, o mércores 10, tamén ás 21.00 horas no centro social da localidade.    

A axenda de reunión continuará durante todo este mes e tamén durante outubro. O calendario  estase a fixar de xeito progresivo, informando aos veciños e veciñas de cada localidade da data e hora correspondentes dos encontros, nos centros sociais.