O mosteiro de Carboeiro cambia de novo de horario a partir do 15 de abril

Silleda, 12 de abril de 2014. O mosteiro de Carboeiro volve cambiar de horario de apertura ao público a vindeira semana. Como é habitual nestas datas, con máis horas de luz natural e a mellora das condicións climatolóxicas, deixase o horario de inverno para abrir durante máis xornadas o edificio patrimonial e emblema turístico da comarca.

Así, só estará pechado nas xornadas de luns, e tamén o martes pola mañá. Neste último día abrirá de 15.00 a 18.00 horas.

Dende o mércores e ata o venres, o horario de atención e visita será de 12.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 horas.

Na fin de semana, sábados e domingos, o horario de apertura será entre as 11.00 as 14.30 e de 15.00 a 18.00 horas.

Este horario comezará a aplicarse xa o vindeiro martes día 15, aproveitando tamén a celebración da Semana Santa, unha época na que son moitos os turistas e visitantes que se achegan ata Carboeiro e o seu entorno.

“Nas últimas xornadas recibironse chamadas de persoas interesadas en visitar Carboeiro nestas datas festivas”, comenta a concelleira de Turismo, Margarita Campos.

Este horario continuará a manterse, en principio, ata o vindeiro mes. A denegación dun/a guía turístico por parte da Diputación para a época estival, veu a trastocar o planning de traballo do departamento municipal de Turismo.

“Teremos que facer un esforzo durante a época estival, na que o mosteiro recibe a maior afluenza de visitantes para poder ofertar unha atención axeitada”, engade Margarita Campos.