O orzamento municipal para 2015 inclúe partidas para iniciar a Residencia de Maiores e para o programa de microcréditos a emprendedores

Silleda, 25 de xuño de 2015. O goberno municipal de Silleda someterá á aprobación inicial os orzamentos de 2015 o vindeiro martes día 30, nunha sesión extraordinaria convocada para as 11.00 horas.

Hoxe o executivo municipal presentou aos grupos municipais, na comisión informativa previa, o proxecto orzamentario para este ano, con un montante global de 6.473.000 euros.

No orzamento deste exercicio destaca o volumen de inversión, que casi duplica ás previsións de 2014. Así, a partida de inversión reais sitúase en 1.122.776 euros, “unha cifra histórica para Silleda”, indica o alcalde e responsable de Facenda, Manuel Cuiña.

Destaca a dotación dunha partida de 250.000 euros, con fondos municipais propios, para comezar as obras do edificio da Residencia de Maiores nos terreos adquiridos á Fundación Semana Verde.

 “Tal e como dixemos no seu día, incluímos no orzamento esta partida para unha das actuacións máis agardadas e necesarias, que xunto cos 200.000 euros da doazón de D. Avelino Ramos, que non sen computan no orzamento, permitirán acometer a primeira fase das obras”, engade Cuiña.

Outra das novidades no capítulo de inversións é a creación do plan de microcréditos para emprendedores, unha das apostas do goberno municipal en materia de emprego. Así, crease unha consignación orzamentaria, con unha aportación inicial de 15.000 euros cos que poder adiantar, a interese cero, fondos aos veciños e veciñas que queiran poñen en marcha ou redimensionar un negocio.

“Xa hai experiencias coma esta noutros concellos e cremos que a iniciativa pode axudar á creación de emprego, que é e será unhas prioridades deste goberno municipal”, indica o rexedor, advertindo que o programa de microcréditos non terá custes para o Concello.

Para levar a cabo este plan crearase unha Oficina Municipal que será atendida por un funcionario/a. Establecerase un convenio con unha entidade bancaria, e dende o Concello de Silleda tramitarase e valorarase as solicitudes.

“O Concello será o encargado de canalizar aos interesados ao banco, que concederá o crédito”, explica o alcalde.

Tamén figuran no capítulo de inversión unha partida de 60.000 euros para a adaptación do edificio do recinto feiral que albergará a Escola de Música, e outros 20.000 euros para arranxar a cuberta do Centro Social de Silleda, con graves deficiencias, así como 13.149 euros para a mellora de camiños no entorno de Carboeiro e a Fervenza do Toxa. Moitas das inversión previstas, dado a altura do ano na que nos atopamos están xa executadas (caso de melloras na rede viaria, no alumeado, repintado de rúas, obras do Plan Marco..) e outras xa en fase de tramitación (coma a mellora da rúa traseira da Igrexa, a dotación de ascensor na Casa da Cultura ou o patio cuberto do CEIP de Silleda, incluídos en distintos plans).

“Este orzamento marca sin duda un fito polo esforzo inversor, sobre todo tendo en conta que partidas como a da Residencia se financian con fondos exclusivamente municipais, algo que hoxe é posible en Silleda grazas á xestión realizada por este goberno nos últimos anos”, resalta Cuiña.

Fondo de continxencias: 80.000 euros

O alcalde lembra que a resolución da débeda coa Fundación Semana Verde ou a eliminación do remanente negativo de tesourería xa en 2014, cando as contas deron un xiro e se logrou un superávit de case 200.000 euros “foron algúns dos feitos que cambiaron o rumbo da economía municipal, e por iso hoxe estamos en disposición de asumir inversións tan destacas coma a da Residencia, que se seguirá dotando de fondos o vindeiro ano”, engade.

Esta boa situación, permite contar ademais co chamado Fondo de Continxencias, que serviará para financiar actividades que xurdan durante o exercicio ou para cubrir desfases orzamentarios. “Trátase de unha partida de salvagarda para manter o principio de estabilidade orzamentaria”, sinala.

Tamén figura outra partida de 70.000 euros denominada “Obras e infraestruturas viarias” para atender obras e actuacións aínda por decidir.

Ingresos

No referente aos ingresos previstos, volve a aplicarse a filosofía da prudencia e do rigor económico. Así, en impostos directos (IBI, IVTM, IAE e BICES) está previsto recadar un total de 1,7 millóns, cun cálculo do 90% na tasa de recadación, e con tributos locais que non sufriron variacións.

Por impostos directos (ICIO) a recadación deseñada sube respecto a 2014, pasando de 40.000 a 60.000 euros, ao preverse un aumento na construcción polo levantamento da suspensión de licencias.

 En canto ás Taxas e Prezos Públicos a previsión é similar a de 2014, con algo máis de 1,3 millóns de euros. Destacan a de abastecemento de agua (417.500 euros); a da recollida do lixo (438.225 euros) e a taxa de saneamento (175.000 euros). Tamén se recollen as previsións de ingresos por ocupación de dominio público de servizos de telecomunicacións (95.000 euros).

Para Transferencias Correntes (das Administracións Supramunicipais) consignanse 2,7 millóns de euros, incluíndose nesta partida a Participación nos Tributos do Estado (1,7 millóns).

 

 

 

Gastos

En canto aos gastos, redúcese a partida de Persoal, que pasa de 2.028.552 a 1.909.155,85 euros, como consecuencia da reducción da plantilla por xubilacións e non renovación de contratos.

Destaca neste apartado a creación dunha praza de Arquitecto en réxime laboral a tempo parcial, para a que se creará o correspondente proceso selectivo.

Os gastos de persoal suponen un 29,49% do orzamento “o que indica que seguimos na boa dirección”, remarca o alcalde.

O orzamento recolle tamén unha partida de 13. 100 euros para a posta en marcha da Relación de Postos de Traballo (RPT).

Para Gastos Correntes en Bens e Servizos resérvanse 2.809.733,62 euros, unha cantidade que supón o 43,4% do orzamento e que continúa na liña de anos anteriores. Destaca, en canto a gastos coma a recollida de lixo, que coa actualización das taxas a finais de 2013, case queda eliminado o déficit deste servizo. Nesta partida figuran gastos en electricidade, Servizo de Axuda no Fogar, abastecemento e saneamento de augas, actividades culturais e deportivas, mantemento de instalacións, atención social…

“A filosofía da contención do gasto segue presente neste apartado”, indica o alcalde, lembrando o esforzo municipal ao ter que asumir servizos coma o mantemento das dúas EDAR.

No tocante a transferencias ordinarias (156.303,50 euros) mantéñense as contías de subvencións a entidades para actividades culturais e deportivas, asociacións, e redúcese a asignación a grupos políticos.

Inclúense neste capítulo unha nova partida de 7.000 euros para as becas de transporte universitario.

Rebaixa do tipo de interese para créditos antigos

Dende o goberno municipal non se prevé neste exercicio asumir operacións de crédito para financiar inversións.

Ademais, está programada unha renovación contractual dos créditos con Abanca e o BBVA, do ano 2005, para rebaixar o tipo de interese, “o que suporá reducir case á metade o custe actual que teñen estes dous préstamos a longo prazo”, indica o alcalde.

A carga financieira de 2014, ascende a 327.717,67 euros, incluído amorzación dos préstamos e intereses.

En canto á debeda viva do Concello (a corto e longo prazo) esta ascende a decembro de 2014 a 3.152.814 euros.

No informe de Intervención figuran  ademais indicadores coma o aforro neto, cifrado en 174.102,87 euros.

Por outro lado, das resolución xudiciais por débedas atrasadas, unha vez pechada a maioría delas no ano 2014, resta o caso de Indeza.

O orzamento do cambio

“Se xa co superávit do ano pasado dixemos que estábamos en disposición de darlle a volta á situación económica do Concello, agora podemos decir que esté é o orzamento do cambio, para que de unha vez por todas Silleda deixe de ser sinónimo de débedas e impagos, e para que os recursos económicos revirtan na mellora da calidade de vida dos nosos veciños, en melloras infraestruturas, servizos e dotacións sociais”, engade Cuiña.