O pavimento do parque infantil da Bandeira quedará arranxado nestes días

Silleda, 26 de outubro de 2016. O pavimento do parque infantil da Bandeira quedará reparado nos vindeiros días. Responsables da empresa que realizou os traballos de renovación do recinto visitaron hoxe acompañados de técnicos e responsables municipais para avaliar os traballos.

A empresa, que se encargou desta dotación incluída no Plan de Investimentos (PID) de 2014, informou que os traballos de reparación se acometerán previsiblemente esta mesma semana, entre mañá xoves e o venres.

Dende o Concello de Silleda infórmase que para levar a cabo esta reparación o recinto pecharase durante unha xornada.

O pasado mes o Concello remitiu á Deputación, entidade licitadora das obras, unha solicitude para esixir á empresa o arranxo da instalación. A petición iba acompañada dun informe técnico realizado o pasado mes de agosto e no que se recolle o “elevado estado de degradación” en varios puntos do pavimento. Dado o tempo transcorrido dende a súa execución, no informe dedúcese que as roturas se producen por unha baixa resistencia do material empregado.