O prazo para anotarse nas Xornadas Micolóxicas do Centro Agrario remata o vindeiro martes 25 de outubro

Silleda, 14 de outubro  de 2016.  O Centro Agrario de Silleda pechará o vindeiro martes día 25 a inscrición para participar nas Xornadas Micolóxicas. As persoas interesadas neste ciclo, -para o que se esixe un número mínimo de asistentes-, poden realizarse ata esta data no Rexistro Municipal do Concello, ou ben vía telefónica no 986 580000.

As xornadas micolóxicas celebraránse ao longo de 4 xornadas, impartidas pola Asociación Coto Manguelo de Orazo. Teñen  un custe de 25 euros. Para as persoas en situación de desemprego, o prezo será de 12,50 euros.

Esta iniciativa abranguerá distintos ámbitos, polo que ademais das sesión de formación, cun curso de iniciación a micoloxía, haberá saídas ao monte e un obradoiro de cociña con cogumelos no que colabora a Asociación de Hostaleiros de Trasdeza (Ahostras). Este obradoiro de cociña celebrarase na Casa de Xantar A Culler, co cociñeiro silledense Julio Mato del Río.

Os días 29 de outubro e 4 de novembro (venres) terán lugar as sesións formativas, na Casa da Cultura de Silleda en horario de 20:00 a 22:00 horas. Ao día seguinte destas sesión, os sábados 29 de outubro e 5 de novembro terán lugar as saídas ao monte e os obradoiros no citado restaurante.

As saídas para recoller cogomelos serán a partir das 10:00 horas, tendo que levar o xantar os participantes. Xa pola tarde, á volta das saídas celebraranse os obradoiros de cociña (entre as 19:30 e as 22:00 horas).

No caso dos obradoiros de cociña, elaboraranse menús con primeiro prato, segundo e postre.