O prazo para participar no programa Benestar en Balnearios remata o vindeiro 17 de abril

Silleda, 22 de marzo de 2017.  O programa de Benestar en Balnearios para este ano, dende a Consellería de Política Social, mantén aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 17 de abril, ofertando un total de 600 prazas.

Poderán participar persoas maiores de 60 anos ou de 55 (se reúnen a condición de pensionistas). Ademais deben de estar empadroados e residir en Galicia e valerse por sí mesmos. As estadías serán nun total de 14 balnearios de distintas localidades galegas con quendas de nove días que se extenderán de maio ata setembro.

As persoas que estén interesadas poden consultar prezos e requisitos no departamento municipal de Benestar Social ou ben a través da web da Consellería de Política Social.