O prazo para xustificar as subvencións a actividades culturais e entidades deportivas remata o 15 de decembro

Silleda, 23 de novembro 2015. O prazo para xustificar as axudas  municipais para a promoción de actividades culturais e axudas a entidades deportivas deste ano 2015 remata o vindeiro día 15 de decembro, tal e como recollen as bases reguladoras, publicadas no   Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.

A día de hoxe aínda quedan aínda colectivos e asociacións por presentar a xustificación destas axudas, polo que dende o Concello se lembra as entidades beneficiarias que teñen ata o vindeiro 15 de decembro para presentar a debida documentación.

Así mesmo, os clubs e asociación que xa  presentaron a debida xustificación xa recibiron a principios deste mes os pertinentes ingresos das contías.

Para estas axudas destinouse en total  a mesma cantidade que no pasado exercicio, con unha partida de 39.000 euros no caso das destinadas a actividades culturais e outra de 24.031 euros para as entidades deportivas. 

Aumento das partidas en 2016

Estas dúas partidas incrementaránse no orzamento municipal de 2016, que se someterá a aprobación inicial no pleno ordinario do vindeiro xoves. Así, a partida destinada a subvención de actividades culturais pasará de 39.000 a 45.000 euros ) e as axudas a clubs e entidades deportivas, de 24.000 a 30.000 euros.

“Temos o compromiso de seguir incrementando estas cantidades nos vindeiros anos, de forma progresiva”, destaca o alcalde e responsable de Facenda, “conscientes da intensa actividade das moitas asociación e entidades deportivas, e da necesidade de incrementar estas partidas para apoiar dende o Concello a acción destes colectivos”, engade.