O programa ‘A mocidade mobilízase’ arranca este venres cos encontros para o empoderamento xuvenil femenino

Silleda, 9 de abril de 2019. Este venres día 12 pola tarde arranca o programa “A mocidade mobilízase” posto en marcha polo  Concello de Silleda e que ten como obxectivo crear un espazo para a mocidade no que se informe, debata e promova o intercambio de experiencias, entre outros.

Esta iniciativa, que parte do departamento municipal de Educación Social, nace da necesidade de outorgar aos mozos e mozas silledenses distintas actuacións, a falta de programación especícifica e para dar resposa as inquedanzas propias da poboación entre os 14 e os 30 anos.

O programa contará con 3 áreas temáticas: empoderamento da muller xoves, educación afectivo-sexual, e emprendemento xuvenil.

A primeira acción serán os encontros para o empoderamento xuvenil feminino con sesións todos os venres (dende este próximo día 12 e ata o 10 de maio) na Casa da Xuventude, en hroario de 18:00 a 21:00 horas. Para participar non é preciso inscribirse previamente. Na primeira xornada abordaránse cuestiónns como a importancia das emocións positivas para conseguir vivir en benestar, abordando cuestiónns como a resilencia, a relación entre pensamentos, emocións e acción que nos conducen á felicidade, ou o benestar e a saúde física.

NA segunda sesión, o venres 26 trataranse cuestiónns coma o empoderamento feminino e a autoestima, buscando entre os obxectivos coñecer os fundamentos da desigualdade, e coñecer ferramentas para detectar e/ou corrixir condutas de discriminación no entorno laboral.

O mindfullness e a meditación consciente protagonizarán a sesión do 3 de maio, con formación teórico-práctica para introducir gradualmente a meditación na vida cotiá. Abordaránse cuestiónns sobre como aprender a controlar os pensamentos, ou os beneficios de entrenar a mente meditando.

A última sesión, o 10 de maio, leva por título “Coaching, como rachar os teus límites para conseguir obxectivos”, aprendendo a usar estas técnicas para mellora a nivel persoal e profesional, e coñecer as ferramentas básicas de coaching, entre outros.

Emprendemento a partir do luns 15

Por outra banda, segue aberto o prazo para participar do 15 ao 18 próximos no curso de emprendemento xuvenil, que terá lugar na Casa da Cultura (de 10:30 a 13:30 horas). Tamén é necesario inscribirse no obradoiro de defensa persoal (con sesións emocionais e de adestramento físico) que se celebrará na Casa da Xuventude os días 11, 15 e 18 de maio e o 1 e 8 de xuño (de 11:00 a 14:00 horas). As inscricións deben realizarse no RExistro municipal.

O programa municipal, totalmente gratuito, será impartido por varias docentes, da Escola Europea de Líderes. O equipo está formado por Carolina Leal Sueiras, licenciada en Socioloxía pola Universidade de A Coruña e coordinadora entre outros do equipo docente do programa Mediterraneamos, da Xunta.; Yolanda Villar, licenciada en Marketing, Postgrado en Marketing Estratéxico, Máster en dirección comercial e Marketing experto en comercio exterior, especialista en Intelixencia Emocional e con ampla experiencia na dirección de equipos de alto rendemento en empresas multinacionales e Mónica Miranda Depazos, instrutora de Mindfullness, coach expera en Intelixencia Emocional e docente en xornadas de desarrollo persoal ca metodoloxía By Doing.