O programa galego de detección de cancro de mama inicia a campaña en Silleda o vindeiro 30 de xuño

Silleda, 26 de maio de 2017.  O Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama, posto en marcha pola Consellería de Sanidade en colaboración coa AECC, iniciará a súa campaña en Silleda o vindeiro día 30 de xuño. Este programa consiste na realización de mamografías a todas as mulleres con idades comprendidas entre os 50 e os 69 anos.

As mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración, ubicada no Hospital Xil Casares. Mediante unha carta comunicarásalle o día hora e lugar a todas as usuarias. Aquelas que non reciban a comunicación por carta poden chamar ao número de teléfono 981141414, no que se lles dará cita.

Como en anos anteriores haberá servizo de autobús (aínda que non é obrigatorio) para aquelas persoas que o desexen, con paradas en Silleda e na Bandeira.

Dende a Concellería de Sanidade e Benestar Pilar Peón destaca a importancia de realizar estas probas de exploración para detectar a tempo posibles casos desta enfermidade.