O programa Goza do Ulla volta a Silleda cun novo roteiro intermunicipal, entre Cira e San Miguel de Castro

Silleda, 20 de setembro de 2019. O programa Goza do Ulla volta ao municipio de Silleda o vindeiro mes, cun roteiro compartido co  Concello de A Estrada. Este roteiro intermunicipal terá como protagonistas dúas parroquias limítrofes que pertencen a cadanseu municipio: a localidade silledense de Cira e a parroquia estradense de San Miguel de Castro.

O vindeiro sábado 12 de outubro celebrarase o percorrido, de aproximadamente 10 kilómetros, con unha duración estimada de unhas tres horas e con dificultade media. Tratase dun roteiro lineal que partirá da praia fluvial de Cira e rematará no Couto do Castro, en San Miguel. Discorrerá pola contorna do Castelo de Cira, invernadoiros desta última localidade e continuará paralelo entre o bosque de ribeira do Ulla, xa por terras estradenses, para rematar no miradoiro do Castro de San Miguel, onde os participantes poderán disfrutar de unha impresionante vista ao meandro do Ulla, sobre Gundián Ponte Ulla e como fondo co Pico Sacro.

O regreso está previsto que se faga en autobús ata o punto de partida.

 

O programa Goza do Ulla é unha  iniciativa conxunta  que xurdiu  xa no ano 2011 , sumando xa unha vintena de  concellos nun programa que, sen apenas custes, serve para por en valor o territorio vinculando municipios e comarcas.

As persoas interesadas en participar poden xa anotarse na Casa da Cultura de Silleda (presentaciálmente ou a través do teléfono 986 581028). TAmén se abrirá a inscrición no Concello de A Estrada. Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e algo de bebida.

Os municipios que forman parte do programa, pertencentes ás provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra,  son  Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, A Estrada, Boqueixón, Catoira, Dodro, Monterroso, Padrón , Pontecesures, Palas de Reis, Rianxo, Santiso, Silleda, Teo, Touro, Valga, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vedra.

Baixo o nome Goza do Ulla, esta iniciativa de carácter turístico busca dar a coñecer e promocionar o rico e valioso patrimonio dos territorios á beira do Ulla.

Cira, coñecida tamén coma a horta de Silleda, é o referente silledense da ribeira do Ulla. En anteriores edicións, esta localidade tamén foi protagonista do roteiro e compartiu percorrido con Vila de Cruces e outras áreas próximas.