O programa Silleda Activa abre o prazo para que os maiores se apunten a unha excursión a Benidorm

 

Silleda, 19 de abril de 2013. O programa Silleda Activa, dirixido aos maiores do municipio, organiza unha excursión o vindeiro mes de maio a Benidorm. A viaxe inclúe ademais paradas culturais  en Aranjuez e en Segovia, con visita a distintos emprazamentos destas ciudades. A viaxe realizaríase entre os días 20 e 26 de maio. As persoas interesadas en anotarse poden recibir máis información chamando ao 986 580064, ou no Centro Social dos Maiores de Silleda (986 592037).