O programa Silleda Activa pon en marcha en febreiro cursos de manualidades e pintura

Silleda, 21 de xaneiro de 2016. O programa Silleda Activa, posto en marcha pola concellería de Benestar Social , que dirixe Pili Peón, para o colectivo de maiores incorpora dous novos ciclos a partir de febreiro.

Trátase do curso de pintura e do obradoiro “Traballo coas mans” para os que xa está aberto o prazo de inscrición. Os dous cursos son gratuitos e os participantes só terán que aportar o material.

O obradoiro de pintura celebrarase os mércores de 11:00 a 12:00 na Casa da Cultura de Silleda e o de Traballo coas mans será tamén os mércores, de 16:00 a 17:00 horas na Casa da Xuventude.

As persoas interesadas en participar poden anotarse na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 986 581021.

Estas actividades súmanse a outras do programa Silleda Activa que se están a desenvolver con éxito nos últimos meses, caso do obradoiro de manexo do teléfono móbil , o de memoria ou o de iniciación á Informática e uso da Internet.