O roupeiro de Silleda Solidaria recibe unha doazón con centos de prendas novas

Silleda, 4 de xullo de 2014. O roupeiro do programa municipal Silleda Solidaria, que xestionan os Servizos Sociais de Silleda, vén de recibir unha importante doazón por parte dun empresario que aportou centos de prendas de todas as tallas en roupa de adultos.

O persoal voluntario que se encarga de ordear as prendas traballa xa na selección e organización das mesmas de cara a programar a entrega ás familias usuarias dos Servizos Sociais, que tamén acoden ao Banco de Alimentos.

Dende o departamento, a concelleira Dolores García, amosa o seu agradecemento a esta empresa que xa ten realizado outras doazóns con anterioridade “por un xesto que pemitirá a moitas familias de Silleda contar con vestimenta nova que doutro xeito non poderían asumir”.

O roupeiro vén funcionando dende hai anos dando servizo a moitos usuarios/as do municipio.

Agradecemento á Asociación O Mencer

Por outra banda, hoxe tamén se recibiu no Banco de Alimentos de Silleda unha doazón de froita de tempada por parte da Asociación O Mencer, de Lalín, colectivo ao que tamén se extende o agradecemento do departamento municipal, ao completar con produtos frescos a alimentación das familias usuarias.