O tenente de alcalde Klaus Brey asume as competencias da Concellería de Urbanismo

Silleda, 2 de febreiro de 2016. O primeiro tenente de alcalde de Silleda, Klaus Brey Montaña, asumirá a Concellería de Urbanismo, sumando estas competencias ás de Medio Ambiente e Obras e Servizos, coas que xa contaba dende o inicio da lexislatura.

A decisión foi adoptada hoxe na Xunta de Goberno Local. O alcalde, Manuel Cuiña, que ata o de agora tiña as competencias de Urbanismo , un dos departamentos municipais con maior volumen de traballo, sinala que esta modificación no organigrama do executivo local se debe ás esixencias e adicación que require a Alcaldía.

“A axenda diaria, a coordinación e supervisión de todos os departamentos municipais e outras obrigas esixen unha maior dedicación na Alcaldía, por iso optamos por realizar este cambio”, indica Manuel Cuiña.

O rexedor continuará sumando ás competencias de Alcaldía as de Facenda, Seguridade, Tráfico e Réxime Interior.

Brey, que ostenta ao igual que o alcalde unha das dúas dedicacións exclusivas do goberno de Silleda, sumará as competencias de Urbanismo

ás de Medio Ambiente, Obras e Servizos, outro dos departamentos de peso do executivo.

Cuiña lembra que o departamento de Urbanismo, ademais do traballo diario, ten por diante o reto de aprobar o PXOM, “un documento primordial para este Concello que esperamos ter listo o antes posible”, engade.