O xulgado desestima a prescrición da débeda de Campomarzo co Concello solicitada pola empresa

Silleda, 16 de setembro de 2016-.  O xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra dictou unha nova sentenza no caso da débeda do vertedoiro de inertes de Campomarzo co Concello de Silleda.

O fallo xudicial desestima a petición da empresa Explotación Minera de Campomarzo S.A. de nulidade total da débeda por prescipción. Deste xeito, confírmase vía xudicial a débeda da empresa xestionadora do vertedoiro de inertes coas arcas municipais de Silleda, por impago do cánon por verter escombros durante varios anos, dende 2005 a 2007 e de 2008 a 2011.

Así mesmo, vén a reforzar a desestimación efectuada polo Concello en novembro do pasado ano, cando o Pleno acordou por unanimidade rexeitar o recurso interposto pola empresa Explotación Mineira de Campomarzo, no que defendía que esta  débeda co Concello estaba xa prescrita.

 

Do mesmo xeito, na sentencia reaxústanse as cantidades desa débeda e establece que se efectúe unha nova liquidación tendo en conta a declaración  da empresa e as compensacións. 

Débeda estimada de 305.889 euros

A cantidade que a empresa lle debe ao Concello quedaría segundo esta sentenza en 270.117,94 euros, unha vez restados tamén 38.977 euros das compensacións (de importes que o Concello lle adebeudaba á empresa).

A esta cantidade de débeda principal habería que sumarlle os intereses de demora, co que –tendo en conta  estimación previa por parte do Concello, e á espera de que se aclare a sentenza por parte do xulgado- o total da débeda se situará en torno aos 305.889 euros.

Dende o Concello  xa se presentou no Xulgado do Contencioso Número 2 un escrito de aclaración de sentencia, para que se fixen  e concreten as cantidades , incluidos os intereses de demora, a fin de evitar malentendidos na liquidación que se fará á empresa.

Aínda que a débeda que estaba calculada inicialmente superaba esta cantidade dende o Concello de Silleda non se recurrirá a sentenza.

“Agora estamos á espera de que o xulgado clarifique as cantidades que nos debe a empresa”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

A empresa recoñece na súa declaración e no propio recurso xudicial que adeuda as cantidades correspondentes ao canon polo vertido dun total de  139.998,30 toneladas. A anualidade coa maior débeda correspondería ao ano 2009, con algo máis de 90.000 euros pendentes.