Obradoiro de técnicas de contacontos dentro do programa Avelaíña

Silleda, 11 de novembro de 2015. A Concellería de Cultura de Silleda vén de programar a primeira das actividades de Avelaíña, a iniciativa dirixida ao público infantil do municipio. Será o venres día 27 deste mes co obradoiro titulado Tod@s Contamos, no que os participantes coñecerán as técnicas básicas para manter unha atmósfera máxica á hora de contarlles un conto aos nenos e nenas. Cristina Collazo será a encargada de impartir esta actividade.

O obradoiro celebrarase no Centro Lúdico Infantil situado no Centro Vista Alegre da Bandeira, de 18.00 a 20.00 horas. Esta actividade está dirixida principalmente aos país e nais, así como a educadores/as, aínda que tamén pode asistir calquera persoa interesada en aprender as técnicas de contar contos.

É gratuito e para asistir hai que anotarse chamando ao Concello de Silleda (986 580000) ou ben no propio Centro Cultural Vista Alegre. A data límite de inscrición será o mércores 25.

Ademais de técnicas vocais e de entonación tamén se abordarán temas coma o xogo dramático, a elección do conto ou as distintas técnicas narrativas, entre outras cuestión.

Tod@s contamos será a primeira actividade do Programa Avelaíña, co que se busca conxugar a oferta lúdica para o público infantil con outras sesión e actividades de interese para as familias. As actividades de Avelaíña celebraránse na Casa da Xuventude de Silleda e no citado centro da Bandeira.

Charla sobre nutrición, a seguinte cita

Dende a Concellería de Cultura xa se está a programar a seguinte cita do programa, cunha sesión informativa sobre nutrición que se celebrará en Silleda en vindeiras datas.