Obras de mellora en varios puntos de Lamela

Silleda, 16 de marzo de 2015. O Concello de Silleda continúa a mellorar a rede de camiños no rural do municipio. Hoxe as máquinas comezaron a traballar na parroquia de Lamela, onde se mellorarán os accesos en puntos como A Brea e Facha, dotando de zahorra estes viais.

“Nos vindeiros días continuaremos con esta actuación para dar un mellor servizo aos veciños e veciñas”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.