Os 4 equipos de fútbol do municipio participan o domingo 30 nun torneo solidario da Fundación Amigos de Galicia

Silleda, 18 de agosto de 2015. O vindeiro domingo día 30 disputarase no campo de Os Mularedos, en Lamela, un torneo solidario no que participan os 4 equipos de fútbol do municipio silledense: S.D. Silleda, CF Laro, S.D Bandeira e Lamela C.F. Dende a Fundación Amigos de Galicia búscase con esta cita, que comezará ás 17.00 horas, recadar fondos que se destinarán á compra de material escolar para os nenos e nenas de familias sen recursos de Silleda.

Dende o Concello agradécese esta nova colaboración de Amigos de Galicia, entidade coa que se asinou un convenio no ano 2014 para axudar as familias do municipio. A día de hoxe, gracias a esta iniciativa estanse a atender todas as necesidades básica dunha vintena de familias silledenses.

Do mesmo xeito, dende o goberno municipal tamén se agradece aos 4 clubes de fútbol a súa participación nesta cita, grazas á que se seguirá colaborando co programa Silleda Solidaria.