Os permisos para as cacharelas de San Xoán poderán solicitarse ata o 20 de xuño

Silleda, 12 de xuño de 2017.  O Concello de Silleda ten aberto o prazo para solicitar autorización de cacharelas na noite do 23 ao 24 de xuño próximos, con motivo da celebración do San Xoán.

Todas aquelas persoas ou grupos que queiran facer cacharelas deben de de presentar a correspondente solicitude no Rexistro Municipal, na planta baixa do Concello. O prazo remata o vindeiro martes día 20.

Ao igual que en anos anteriores só se concederá permiso para as cacharelas na noite do 23 ao 24 de xuño. Así mesmo, á hora de facer as cacharelas deben de cumprirse unha serie de requisitos. Lémbrase que o volumen de combustible non deberá superar O volume de combustible da cacharela non superará os 8 metros de perímetro, nin os 3 de altura.

A separación entre as cacharelas e os edificios ou árbores será como mínimo de 12 metros.

Terán que por especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así coma de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.

Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, e en xeral, de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.

En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión, (sprais), aínda que éstes estean baleiros.

No suposto de que a cacharela se faga sobre terreos de uso público enlousados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de 10 centímetros.

Ao finalizar a cacharela e antes de abandonar o lugar da mesma, os responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.