Plan de Mobilidade Sustentable de Silleda

O Concello de Silleda, dentro da redacción do seu Plan de Mobilidade Sustentable, ven de pór en marcha un proceso de recollida de información sobre os hábitos de mobilidade dos seus veciños e veciñas. Para tal fin, unha das ferramentas que se emprega tanto para analizar ditos hábitos como para recibir as súas propostas e demandas vai ser un cuestionario.

Cubrir o cuestionario

A enquisa estará aberta ata o día 20 de Decembro e, nesta mesma páxina, difundiranse os principais resultados acadados. Se o desexa tamén pode enviar as súas suxestións ao correo silleda@plandemobilidade.com. Agradecemoslle a súa participación.

Dende o Concello e a equipa de técnicos colaboradores garántese o absoluto anonimato da identidade das persoas que participen en base á lei.