Recadados un tota de 12.839,28 euros nos aparcamentos cedidos pola Semana Verde para o programa Silleda Solidaria

Silleda, 19 de xuño de 2013. O convenio entre o Concello de Silleda e a Fundación Semana Verde de Galicia para a cesión de 5 estacionamentos do recinto feiral durante a celebración en días pasados da gran feira de Silleda rematou con excelentes resultados. A recadación total dos estacionamentos foi de 12.839,28 euros, “unha cifra sin duda moi xenerosa que nos permitirá realizar diversas actuacións dentro da rede municipal de axuda ás familias máis necesitadas”, engade a alcaldesa.

Desa cantidade hai que descontar os contratos das 18 persoas que atenderon os aparcamentos e gastos de loxística, co que a cantidade para final para o programa é de 8.475,18 euros.

O material e a loxística teñen un custe de 4.364, 10 . Desta  cantidade 3.899,70 euros  pagar ás 18 persoas que atenderon os estacionamentos ,todos en situación de desemprego e apuntadas na bolsa municipal de emprego e que foron contratados durante tres días polo Concello de Silleda. Esa cantidade repártese en 2.829,90 de salarios máis 1.069,90 de Seguridade Social. Os 464,40 euros restantes correspóndese ao pago dos 5.000 tickets que se entregaron aos conductores (nos que constaban os donativos), carteles e acreditacións identificativas do persoal.

“Con eses máis de 8.400 euros poderemos realizar actuacións como a mellora do centro de acollida da estación de Ponte Taboada, ou mercar  provisións para o banco de alimentos”, engade a alcaldesa, que agradece aos usuarios e usuarias dos estacionamentos  a súa xenerosidade.

Dende o goberno municipal tamén se reitera o agradecemento á Fundación Semana Verde, presidida por Alfonso Rueda, tamén conselleiro de Presidencia,  “por facer posible grazas ao convenio que asinei co seu xerente, Pedro Corbacho, unha iniciativa que ademais de axudar ás familias con menos recursos tamén posibilitou a contratación de 18 persoas en situación de desemprego”, engade Paula Fernández. Tamén se agradece a colaboración desinteresada da empresa Coesco, que cedeu gratuitamente  gorras e bolsas para os operarios.

Esta actuación permitirá mellorar a atención na rede de Silleda Solidaria, un programa municipal que está a axudar cada vez a máis familias que o precisan.

“Debemos de sentirnos orgullosos non só do éxito do programa, senon tamén de solidaridade amosada por moitísimas persoas”, engade a rexedora.