Renovada a póliza de seguro da flota municipal de vehículos

Silleda, 24 de xullo de 2014. A Xunta de goberno local de Silleda aprobou hoxe a renovación da póliza de flota para o seguro do parque móbil municipal. A proceso presentáronse un total de 6 ofertas, sendo a máis vantaxosa a de Parque 7, por un importe de 5.444,11 euros. Esta póliza inclúe os seguros dos 21 vehículos que forman o parque móbil do Concello. A empresa xa lograra este mesmo contrato no último ano, despois de que o actual goberno decidira facer un seguro de flota, ao sair máis rentable para as arcas municipais.