Silleda adhírese ao programa Depotermal

Silleda, 23 de febreiro de 2018.  O Concello de Silleda participará un ano máis no programa Depotermal da Deputación de Pontevedra, una iniciativa da que poden beneficiarse as persoas empadroadas na provincia participando nas distintas modalidades do programa.

Depotermal ten por obxectivo fomentar o envellecemento activo da poboación e mellorar a calidade de vida das persoas establecendo novas relacioóns sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias.

Este ano ofertanse un total de 4.342 prazas en balnearios, incluindo a modalidade de diurno (con asistencia diaria durante 5 días consecutivos) como na de pernoita.

Unha vez que se publique no BOP a listaxe de concellos adheridos, os usuarios poderán xa inscribirse no programa do que se ofrece máis información no departamento municipal de Benestar Social.