Silleda colabora un ano máis coa carreira 102 kilómetros Carballiño-Santiago

Silleda, 21 de febreiro de 2018.  O Concello de Silleda colaborará  por terceiro ano ano consecutivo coa proba 102 Kilómetros Carballiño-Santiago organizada polo Club de Atletismo do Carballiño.

O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Ana Luisa González Costa, mantiveron un encontro co presidente desta entidade, Fernando Guerra, para concretar a nova colaboración do Concello.

Esta proba celebrará a súa segunda edición o vindeiro sábado día 10 de marzo e ten por finalidade unir o concello do Carballiño coa praza do Obradoiro de Santiago, transcurrindo a meirande parte da marcha polo camiño de Santiago denominado Vía da Prata.

Dende a organización do evento pediuse apoio loxístico ó Concello de Silleda, que colaborará poñendo a disposición dos participantes o pavillón polideportivo da Bandeira para realizar o avituallamiento dos participantes.

“Un ano máis colaboraremos con esta proba, que unifica carácter deportivo e turístico, fomentando a cultura do deporte e poñendo en valor rutas e paraxes emblemáticas das nosas vilas” – comenta a concelleira, Ana Luisa González.

A Carreira partirá da praza de Veracruz do Carballiño ás 07:00 horas.