Silleda contará con autobús gratuito para as mulleres incluídas no Programa Galego de Detección de Cancro de Mama

Silleda, 26 de xuño de 2015. O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a disposición  das veciñas  de Silleda, incluidas no mesmo, un medio de transporte gratuito, para facilitarlle o acceso dende o municipio de Silleda á Unidade de Exploración Mamográfica situada no Hospital Xil Casares, na Avenida da Choupana  en Santiago de Compostela.

Este servizo inclúe tamén a viaxe de regreso a Silleda.  

 

“Aínda que o uso deste transporte non é obrigatorio, xa que mulleres inclúidas no programa poden acudir polos seus propios medios, dende o Concello de Silleda, consideramos que con este servizo se facilita ás usuarias acudir a realizar as exploracións médicas a Compostela”, explica a concelleira de Benestar Social e de Sanidade, Pili Peón.

 

O servizo estará dispoñible no mes de xullo (os días 7, 8, 9, 10, 21, 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31) e tamén en agosto (nas xornadas do : 3, 4, 5, 6, 7, 10, 11, 12 e  13).

 

Os autobuses sairán de diante do Centro de Saúde de Silleda en tres horarios: ás 14.30 horas, ás 16:15, e o último ás 18.15 horas.