Silleda continuará mellorando o entorno e accesos á Fervenza do Toxa, en Pazos

Silleda, 15 de febrero de 2019. O Concello de Silleda continua apostando pola mellora do entorno da Fervenza do Toxa, un dos emblemas turísticos do municipio. Así, vén de presentarse na Axencia Galega de Turismo un proxecto para concorrer á liña de axudas convocadas por esta entidade autonómica segundo a resolución do pasado 26 de decembro, para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no medio rural durante o ano 2019.

Este proxecto busca continuar mellorando o aparcamento que se dotou o pasado ano no entorno deste enclave natural con fondos municipais, completando o proxecto iniciado en 2016 para retirar o tráfico rodado no entorno da fervenza, mellorar o sendeiro de baixada e completar a sinalización.

“Como xa dixemos no seu momento continuaremos mellorando o aparcamento, que inicialmente se adecentou nun terreo alugado ao ADIF con 80  prazas, limpando e adecentando este espazo”, indica a concelleira de Turismo, Ana Luisa González.

O proxecto busca atender as demandas dos usuarios e da propia veciñanza de Pazos, buscando solución a problemas coma o ensachamento de augas polas choivas.

Así además de elementos para canalizar as pluviais, tamén está previsto adecencentar e implementar as sinais no novo sendeiro habilitado dende o propio parquin para chegar ata o miradoiro.

“Actuaremos no primeiro tramo deste sendeiro que se recuperou coa apertura do estacionamento, sempre con solucións respetuosas co entorno, xa que temos que ter en conta que está incluido na Rede Natura 2000 e no Sistema Fluvial Ulla-Deza”, engade a concelleira.

Así, está previsto realizar melloras para evitar na medida dos posible os danos ocasionados pola escorrentía de augas pluviais. Para mellorar a accesibilidade, o proxecto contempla tamén a instalación de travesas de madeira  co fin de salvar desniveis na zona de estacionamento.

No sendeiro prevese realizar una pavimentación con celosías vexetais , co que tamén se reforza a seguridade dos visitantes.

Dotación de alumeado

Outra das iniciativas que plantexa o proxecto do Concello de Silleda, cun orzamento que ronda os 40.000 euros,  é a dotación de alumeado, con instalación dun sistema de báculos soterrados co que tamén se mellora a seguridade dos usuarios.

O proxecto tamén inclue a colocación de estacas de madeira nos terreos da pista que vai ao mirador para evitar o estacionamento de vehículos en fincas privadas.

“Agardamos poder seguir mellorando esta dotación coa que puxemos en valor este entorno visitado cada ano por milleiros de persoas”, indica a concelleira Ana Luisa González.

Logo de retirar o tráfico no acceso ás fervenzas, peatonalizando a baixada a este monumento natural, incluido na Rede Natura 2000, e de ampliar notablemente a sinalización dende distintos puntos, o pasado verán o Concello de Silleda dotaba á parroquia de Pazos desta zona de estacionamento pechando o proceso e ofrecendo un servizo demandado tanto polos turistas como polos propios residentes na parroquia.