Urbaser comezará a operar en Silleda o vindeiro día 1 de febreiro

Silleda, 16 de xaneiro de 2017.  A empresa Urbaser comezará a operar no municipio de Silleda o vindeiro día 1 de febreiro. Así se recolle no contrato asinado hoxe entre o alcalde, Manuel Cuiña, e os representantes da firma, que resultou adxudicataria do servizo de recollida de lixo, proceso que se formalizou o pasado mes de novembro coa ratificación do acordo polo Pleno da Corporación.

Esta entidade presentou a mellor oferta económica, con 188. 978 euros anuais ( o prezo de licitación era de 210.000 euros ao ano), así como unha serie de melloras. Entre elas figuran o aumento de colectores de carga lateral –que xa se usan en Silleda e A Bandeira- con 41 novas unidades; e o reforzo de unidades no rural, coa dotación doutros 60.

Entre as melloras destacadas no servizo que saiu a concurso o pasado ano figura tamén un considerable aumento na frecuencia dos lavados de colectores proposta no Prego de condicións. Unha das novidades da adxudicación do servizo, que se realiza por un periodo de 4 anos, é a dotación de recollida selectiva (colector amarelo) no rural. Para elo procederase á colocación de colectores amarelos en distintos puntos das parroquias.

Así mesmo, tal e como se recollía nos pregos a concesionaria realizará unha campaña anual de concienciación entre a poboación, coa edición de dípticos e a celebración de charlas nos centros educativos, entre outros.

O alcalde, Manuel Cuiña, advirte que o novo servizo co que se incorporan melloras considerables na xestión dos residuos en todo o termo municipal.

“A implantación da recollida selectiva no rural ou o considerable aumento na frecuencia de lavados dos colectores son algunhas das cuestións que mellorarán notablemente este servizo municipal”, explica o alcalde.