Veciños e colectivos de Silleda e da Bandeira, premiados polos seus decorados de Nadal

 

Silleda, 8 de xaneiro de 2013. O certame de decorados de Nadal, unha iniciativa que se estreou en Silleda este ano xa ten gañadores. Os premios aos vecinos e veciñas que colaboraron compartindo cara a rúa decoracións navideñas recaeron, na vila de Silleda na proposta feita por José Antonio Nogueira e María Eduarda Gonçalves (veciños do 2ª do número 33 da rúa Trasdeza); e no caso da Bandeira en María Teresa Tato Otero, veciña de A Moa número 7. Nos dous casos, o galardón outorgado por ECOS, consiste en senllos vales de compra por valor de 50 euros no comercio de Silleda.

O xurado tamén decidiu outorgar outros tres recoñecementos para o Nacemento do Barrio das Baratas (que recollerá Lucía Ares); os Rebonecos de Neve colocados por Adellís e os comerciantes da rúa no tramo de Emilio Alonso Paz; e para as estrelas realizadas pola Anpa Brincadeira da Bandeira con material de reciclaxe. Neste caso o premio, tamén outorgado por ECOS consiste en vales de compra por valor de 30 euros cada un. Os premios, que inclúen tamén diplomas, entregaranse hoxe ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Silleda, xunto aos premios do XIII Concurso de Escaparates.

O xurado, que  estivo formado pola presidenta da Asociación de Empresarios e Comerciantes (ECOS), Fátima Costoya; Cristina Martínez Colmeiro, da Anpa Brincadeira da Bandeira, e por José García, veciño de Silleda e autor da proposta para premiar ao mellor decorado de Nadal.

O concelleiro de Cultura e Participación Cidadá, Matías R. Da Torre, agradece a todos os veciños/as, colectivos e empresas a súa colaboración “nesta proposta para abrir a toda a cidadanía a ambientación das nosas rúas no tempo de Nadal”.