Silleda Activa

PROGRAMA SILLEDA ACTIVA

O Concello de Silleda puxo en marcha no ano 2012 o programa Silleda Activa, para ampliar a oferta de actividades destinadas ao colectivo de maiores, unha iniciativa coa que botaba tamén  a andar o Club do Centro Social dos Maiores.

O programa Silleda Activa, que coordina a Concellería de Benestar Social,  conta cunha variada oferta para os veciños e veciñas maiores de 65 anos ou pensionistas, que non só resultan beneficiosas para mellorar a súa actividade física, mental ou as súas aptitudes,   ademais que mellora a autoestima, as funcións intelectuais e as relacións sociais.

Esta é a primeira aposta do Club do Centro Social dos Maiores, co que se busca dinamizar os dous centros de maiores de Silleda e A Bandeira. Os socios e socias do clube terán vantaxes e descontos nas actividades municipais, na cafetería dos dous centros e tamén en distintos establecementos como ópticas, herboristerías, ortopedias, parafarmacias ou clínicas dentais, entre outros, do municipio, potenciando ademais o comercio local.

Co programa Silleda Activa búscase diversificar a oferta para os maiores de Silleda, con accións non só atractivas, senon que resulten beneficiosas para mellorar a súa actividade física, mental ou as súas aptitudes, máis aló das xa clásicas comidas e festas: Magosto, Xantar de Nadal,  Ensaio de fin de ano, Festa de namorar e Festa da primaveira.

Club do Centro Social dos Maiores de Silleda  concentra unha completa e variada oferta de actividades dirixidas ao colectivo da terceira idade. Os socios dispoñen dun carné co que teñen dereito a disfrutar de descontos tanto en actividades municipais como en distintos establecementos do municipio. Esta iniciativa buscou a colaboración do comercio local.

Ademais, véñense realizando distintas actividades:

Ximnasia  de mantemento

Celébrase os martes e xoves dende outubro ata maio nas instalacións do Centro Social dos Maiores de Silleda. Con actividade física de mantemento específica para o colectivo de maiores. Sabemos que o exercicio é un antidepresivo, un antiestrés e mellora o estado de ánimo das persoas.

Musicoterapia xerontolóxica

O uso da música e/ou elementos musicais por un terapeuta cualificado cun cliente ou grupo, nun proceso dirixido a facilitar e promover a comunicación, as relacións, a aprendizaxe, a movilización  e outros obxectivos terapéuticos relevantes, co fin de suplir necesidades de tipo físico, emocional, mental, social e cognitivo. Ten como finalidade desenvolver potenciais e/ou restaurar funcións do individuo de forma que poida conseguir unha integración tanto intra como interpersonal e, como consecuencia unha mellor calidade de vida a través da prevención, a rehabilitación ou o tratamento.

Arte terapéutica

Actividades de creación artística cos que se traballan  aspectos manipulativos, á vez que creativos e imaginativos  que reforcen tamén o movemento físico e axilidade mental, baixo  este concepto nacen os obradoiros de Traballo coas mans e o de Pintura.

Alfabetización dixital

Co obxectivo de que os maiores poidan acadar un mellor nivel formativo nos campos da lecto-escritura ou no coñecemento das novas tecnoloxías, sacando maior rendemento,  puxéronse en marcha obradoiros como  Accendo o ordenador de informática e internet  ou  Divírtome co móbil  onde aprendemos no manexo de móbiles para poder sacarlle partido a todas as súas aplicacións.

 Obradoiros de memoria

A oferta inclue tamén obradoiros de memoria para fomentar o entrenamento mental.

Sesións de baile

Tamén dende o Club do Centro Social dos Maiores ademais do baile dos fins de semana se veñen organizando actividades coma os Venres de Parranda, con sesión con música en directo nos que @s participantes difrutan co baile.

Excursións

Dende o programa Silleda Activa tamén se organizan dúas veces ao ano (en primavera e outono) senllas excursións a ciudades do territorio nacional e Portugal para realizar visitas turístico-culturais. A Costa Dourada, La Rioja, Zaragoza, Lisboa… son algúns dos últimos destinos destas saídas.

Descontos para socios/as do Club do Centro social de Maiores

Os/as membros do Club do Centro Social dos Maiores de Silleda. A partir de agora poderás disfrutar de descontos na cafetería do Centro Social, nas actividades municipais e nos seguintes comercios do concello:

OPTICAS

  • Óptica TITANIUM (Avda. do Parque nº35 baixo – Silleda)

Entre un 15% e un 20% de desconto.

  • Óptica SILVA (Rúa Trasdeza nº61 – Silleda)

Ata o 15% de desconto, agás promocións. 

SERVICIOS DE PODOLOXIA E ORTOPEDIA

  • SERINTER (Avda. do Parque nº32 – Silleda)

Consulta de podoloxía: 5% de desconto.

Compras en ortopedia:

  • Ata 50€.- 4%.de desconto
  • Dende 51€ ata  100€.- 5%.de desconto
  • Dende 101€ ata 300€.- 5%.de desconto
  • De 301€ en adiante aplicarase o 6%.de desconto

SERVICIOS DE PODOLOXIA E BENESTAR:

  • TERNATUR (Rúa. do Parque nº20-baixo Bandeira)

Un 10% en podoloxía, acupuntura parafangos (en bonos de cinco sesións) e todo tipo de masaxes.

DENTISTAS

  • PENA RODRIGUEZ S.L. (Rúa Progreso nº76 baixo – Silleda)

Un 20% de desconto en consulta.

  • MARTA MACÍA (Rúa Xeral nº38 baixo – Bandeira)

Un 10% de desconto en consulta. 

  • MANUEL J. LOPEZ GARCIA (Rúa Trasdeza nº81 1º – Silleda)

Un 10% de desconto en consulta. 

HERBOLARIOS E PARAFARMACIAS

  • HERBOLARIO BAOBAB ECOTENDA (Rúa Progreso nº14 baixo – Silleda)
    • Produtos Herboristería- 5% de desconto.
  • A PARAFARMACIA (Rúa República Arxentina nº6 baixo – Silleda)
    • 10% de desconto en ortopedia e podoloxía (agás os artigos que se soliciten a través da seguridade social, se atopen en oferta ou sexan de aluguer).
    • Revisión auditiva gratis (cita previa no 986 592 599) realizada por un profesional de GAES
    • 5% de desconto en cosmética facial e corporal,(para adulto), herboristaría e perfumería
    • Un 30% en consulta nutricional.

 DECORACIÓN NO FOGAR

  • MARÍA LODEIRO (Rúa Antón Alonso Ríos, 12 baixo)

 10€ de desconto en calquera artigo da tenda.

 Estes establecementos e aqueles que se unan con posterioridade, estarán identificados como membros asociados ao Club. Só tes que presentar o carné  no momento do pago para que che apliquen os descontos.