Silleda Solidaria

¿Qué é Silleda Solidaria?

No ano 2012 o Concello de Silleda puxo en marcha o programa Silleda Solidaria, unha rede de axuda baseada nos principios de cooperación, intercambio e Solidariedade contando coas asociacións do municipio e as empresas e entidades interesadas en colaborar. O obxectivo: axudar as familias con menos recursos.

¿Cómo funciona?

Os Servizos Sociais do Concello supervisan, tutelan e coordinan a rede, que funciona cunha comunicación bilateral entre o Concello e as asociacións. Se unha asociación detecta que na súa localidade un veciño/a ou unha familia precisa de axuda, contactará cos Servizos Sociais, que poñerán en marcha a busca dos recursos necesarios lanzando a mensaxe a través doutros colaboradores da rede, entidades ou empresas que queiran axudar.

A través deste espazo web municipal as asociacións poden conectarse cos Servizos Sociais para formular avisos ou ben ofertar recursos.

Liñas de actuación

Banco de Alimentos

O aprovisionamento de alimentos é unha das liñas de actuación do plan municipal. Preténdese completar o programa de alimentos da Cruz Roxa con outro tipo de produtos que poidan cubrir necesidades puntuais. Poden recollerse produtos excedentarios da horta, ou outros. Tamén se farán campañas de recollidas nos

Roupeiro municipal

Dende o ano 2008 Silleda dispón dun roupeiro municipal situado nas dependencias do Centro Social. Aquí os veciños e veciñas poden deixar a roupa e calzado que xa non usen e que poida servir para outras persoas.

Mobles e outros enseres

Silleda Solidaria tamén mobilizará mobles, colchóns ou electrodomésticos, entre outros enseres, que aínda usados poidan servir e prestarlle un servizo á xente que o precise.

Asociacións Colaboradoras

  • Asociación de Veciños A Trabe de Ponte
  • Asociación de Mulleres Rurais de Abades
  • Asociación de Veciños de Manduas (Avema)
  • Asociación de Veciños de Parada
  • Asociación Amas de Casa Rurais Fervenza do Castelo
  • Asociación de Mulleres de Silleda
  • Asociación Sociocultural Adellís
  • Asociación Mulleres Rurais O Candán
  • Asociación de Veciños San Martín de Negreiros
  • Asociación Amigos da Escola de Paredes
  • Avanza Trasdeza
  • Asociación Santiago Apóstol de Taboada
  • Asociación Rural de Mulleres de Siador (Arumus)
  • Asociación de Axuda ao Necesitado
  • Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (Ecos)
  • Asociación Cultural Vista Alegre