Agradecemento á peña Sansón y Pepa, da Festa da Empanada

O programa municipal Silleda Solidaria quere agradecer á peña Sansón y Pepa, que participou na Festa da Empanada da Bandeira o pasado sábado a doazón de alimentos que mercaron cos fondos aportados polos integrantes do grupo. Ademais de 24 kilos de arroz, 20 kilos de lentellas, 24 latas grandes de atún, e 12 caixas de galletas tamén entregaron 42 litros de leite. Estas provisións súmanse a outra importante cantidade de alimentos recollidos no concerto solidario Bandeirock, entre os que figuran 112 litros de leite, 28 litros de aceite, 40 caixas de galletas, e preto de 70 kilos que suman produtos coma arroz, azúcar, cacao, garbanzos, sardiñas, fabas, mexilóns, atún, tomate frito, melocotóns en almibar ou champiñóns, entre outros. “É unha doazón importante que contribuirá ao abastecemento de familias con poucos recursos”, sinala a concelleira de Benestar Social, Dolores García. Dende o programa municipal agradécese, unha vez máis estes xestos de xenerosidade que seguen a dar contar do espírito solidario da sociedade silledense “algo do que todos e todas nos sentimos moi orgullosos”, engade a concelleira.