O Concello e Santiago Futsal presentan o programa “Futsal para todos”

Silleda, 13 de marzo de 2019. Este mércores día 13 presentouse en Silleda un proxecto conxunto entre o Concello e o club Santiago Futsal para realizar diferentes accións e iniciativas ao longo de 2019 centrados na localidade da Bandeira.

No acto, presentado polo alcalde de Silleda, Manuel Cuíña Fernández e coa presenza das concelleiras de Deportes, Ana Luisa González, de Bensestar e Igualdade, Pili Péon, e  presidente do  Santiago Futsal Ramón García Seara, amosouse o  programa “Futsal para todos. Integración e valores a través do deporte”, que ten como obxectivo fomentar a inclusión a través desta modalidade deportiva.

 

O proxecto, na súa fase inicial, desenvolverase entre este mes de marzo e ata xuño, e a proposta abarca  actividades relacionadas co fútbol sala dirixidas a mozos/as e adultos da comarca.

 

Charlas en centros educativos, xornadas de convivencia co primeiro equipo, a preparación previa a un partido oficial ao que podrán asistir como invitados u adestramentos periódicos dirixidos por técnicos do club son algunhas das accións que se levarán a cabo grazas á colaboración de ambas partes.

 

Incluirá tamén a creación dun torneo local de futbol sala para adultos que se organizará no mes de xuño, e a  celebración dun partido amistoso internacional que enfrontará ao Santiago Futsal e ao  Bork Bullet KitaKyushu, que actualmente milita en F League 2 de Xapón.

 

O alcalde de Silleda,  Manuel Cuíña Fernández, sinalou na  presentación que “é unha satisfacción aumentar a oferta das escolas  deportivas ca presenza dunha institución coma o Santiago Futsal, nun deporte que ten moitos seguidores no noso municipio”.

Por outra banda, Ramón García Seara, presidente del Santiago Futsal expresou que “estamos moi contentos de colaborar co Concello de Silleda no que cremos que será un proxecto moi estimulante para o deporte da zona”