Centro de Desenvolvemento Agrario

No ano 2015 o Concello de Silleda puxo en marcha o Centro de Desenvolvemento Agrario, un proxecto para dinamizar o rural con varios eixos de actuación, entre eles o formativo. Ademais de celebrar distintas xornadas de formación e divulgación, cursos e excursións a distintas explotacións e entidades do sector tamén se deron pasos como a presentación ás convocatorias europeas do Eixo Atlántico.