Vivir en Silleda

Situado na comarca do Deza, o municipio de Silleda é coñecido polo seu peso no sector agrogandeiro e o seu potencial turístico. Cunha extensión de 169 kilómetros cadrados repartidos en 33 parroquias conta tamén con paraxes de gran valor natural.

O municipio roza os 9.000 habitantes e conta con numerosos servizos para os veciños.

As súas boas comunicación por estrada (o municipio está atravesado pola N-525, a N-640 e conta con dúas saídas da AP-53 Santiago Ourense) e a súa cercanía a Santiago de Compostela –de onde dista apenas 40 kilómetros- son outros dos puntos fortes de Silleda, municipio que limita con Lalín, Vila de Cruces, Forcarei, A Estrada e Boqueixón.

A vila de Silleda, é desde 1853, a capital desta Terra de Trasdeza. Anos antes, a capital do concello estivo en Chapa, Escuadro e O Foxo, lugares de certa importancia ata principios do século pasado, en que a nacente vila, gracias ás suas feiras, melloras nas comunicacións e inquietude emprendedora das súas xentes, acadou un increíble desenvolvemento.

Nos últimos vintecinco anos, o progreso do sector agrario, ca Feira Internacional de Galicia e a Semana Verde como abandeirada, a Lonxa Agropecuaria de Galicia e todo o complexo feiral, sede dos máis importantes colectivos Agrarios da Comunidade Galega consolidaron e impulsaron o seu crecemento, tanto no seu volume de edificación como no número de habitantes.