O Concello de Silleda abre  o prazo para o campamento de verán

-As solicitudes poden presentarse por Rexistro ou por Sede Electrónica dende este martes día 2 e ata o venres 19 de maio .  O servizo prestarase entre o 22 de xuño e ata víspera do inicio do novo curso en setembro, nos CEIP de Silleda e da Bandeira

 Silleda,  29 de abril de 2023.   A Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, abre este martes día 2 o prazo de inscrición para o campamento de verán,  que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, entre o 22 de xuño e o 8 de setembro,  véspera do inicio do próximo curso escolar.

As inscricións deben de realizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 09:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica, dende o martes e ata o 19  de de maio, como data límite.

Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no Concello de Silleda. A selección realizarase de acordo do regulamento do servizo, no que se prima, entre outros, as necesidades de conciliación das familias.

O horario do servizo será -de luns a venres- 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto ca folla de inscrición deberá de achegarse unha serie de documentación que estará dispoñible na web municipal (www.silleda.gal) nas próximas horas.

“Con este servizo continamos apostando por facilitar a conciliación das familias”, apunta a concelleira sobre esta iniciativa de verán incluida tamén no Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda. A continuación figuran os documentos que deben de presentarse: