Proxección da película Visións
Hoxe mércores 8 de marzo, Día Internacional da Muller, proxéctase na Casa da Xuventude ás 17:00 horas a película Visións, un filme colaborativo feito por 10 mulleres cineastas da provincia de Pontevedra. A proxección enmárcase na iniciativa Cinema e Muller, da Deputación de Pontevedra. Andrea Zapata, unha das creadoras participantes presentará a película en Silleda
Programa Avelaíña: Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica
A compañía BocAberta trae a través do programa Avelaíña o contacontos teatralizado "Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica". A cita, para nenas e nenos ata 10 anos será na Casa da Xuventude ás 18:00 horas, con entrada de balde.
XXXI Romaría da Rosquilla de Abades
A parroquia de Abades continúa as celebracións e co pasarrúas ás 11:00 a cargo da Banda Recreativa e Cultura da Bandeira. Ás 12:45 celebrarase a misa, cantada polo Coro de Ponteledesma. Despois dará comezo a tradicional subasta dos bolos de rosquillas, que nos últimos anos veñen destacando polas orixinais creacións dos autores e colectivos que […]