Concellerías

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, é o responsable municipal das áreas de Facenda, Seguridade, Tráfico e Réxime Interior. O departamento que dirixe o rexedor silledense tamén é o encargado da actualización de taxas e prezos públicos, cuestións relacionadas coa recadación municipal, fiscalización de gastos, ou a consecución do equilibrio financieiro no Concello de Silleda.

Este departamento tamén é o encargado de cuestións relacionadas co tráfico e a seguridade cidadá e tamén de coordinar os grandes proxectos  e o control das obras doutras Administracións Públicas (Deputación, Xunta, Unión Europea…), entre outras asignacións.

María del Pilar Peón Iglesias , é a encargada deste departamento municipal.No ámbito do emprego destaca a posta en marcha do programa Silleda Emprega, co que o Concello se convirte en axente activo na loita contra o desemprego. Ademais desta bolsa de emprego, que acadou en poucos meses bos resultados, o departamento promove distintos cursos de formación, plans de inserción laboral dirixidos a colectivos como mulleres ou mozos/as, ou plans experimentais de emprego, entre outros.

No tocante á área de Medio Ambiente, destaca a recollida a xestión do Punto Limpo, a mellora de áreas fluviais, acondicionamento de espazos como a Férveda de Escuadro e outros lugares de interese medioambiental, apoio na loita contra incendios forestais, de sinalización, ou a posta en marcha de campañas de consumo responsable, recollida de plásticos agrícolas, obradoiros, ou a creación de rutas de sendeirismo e etnográficas. Tamén é o departamento encargado do Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos.

No tocante ao departamento de Industria e comercio, o apoio ao colectivo de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), e a asociación de empresarios do polígono Área 33, figuran entre as liñas de traballo xunto co apoio ás campañas e actividades do sector do comercio,  a regularización das feiras tradicionais ou a potenciación da Mesa do Comercio Local.

Tamén é a encargada de Persoal e da área de Comercio, figurando entre os seus cometidos o o apoio ao colectivo de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS), ás campañas e actividades do sector do comercio,  a regularización das feiras tradicionais ou a potenciación da Mesa do Comercio Local. Así mesmo este departamento xestiona distintos servizos públicos.

Paula Fernández Pena é a responsable do departamento municipal de Urbanismo.

Destaca a mellora do departamento municipal, reducindo os tempos de tramitación e tendo no punto de mira a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que foi aprobado provisionalmente en marzo de 2016, á espera do visto bo final da Xunta de Galicia.

Mónica González Conde, primeira tenente de Alcalde, é a responsable desta área de goberno que busca a dinamización e promoción dos atractivos e recursos turísticos e a dinamización no plano cultural. A promoción da cultura do deporte, a mellora das instalacións existentes así como a súa organización a xestión das escolas deportivas tamén están dentros das atribucións desta área, xunto ás responsabilidades en Comunicación.

Esta concellería está dirixida por Jesús Taboada Lázara. O departamento do rural abrangue distintas áreas nas que o obxectivo é traballar pola mellora da calidade de vida dos veciños das parroquias a varios niveis. Así, ademais do apoio ao sector agrogandeiro (con iniciativas, entre outras,  como a bonificación do ICIO ás explotacións de nova construcción ou as que se amplíen), a concellería está a traballar pola mellora na cobertura da Televisión Dixital Terrestre (TDT), o acceso a Internet no rural, ou o arranxo e protección do patrimonio etnográfico.

Este departamento será o encargado de liderar tamén a posta en marcha de iniciativas como un Centro de Desenvolvemento do Rural, con formación e creación de canais de distribución de produtos agrarios.

Ángela Troitiño Gil  é a concelleira encargada destas áreas.

Benestar Social, atención personalizada á veciñanza do municipio. Entre as atribucións desta Concellería atopamos as  políticas de benestar: atención a maiores, discapacitados e  poboación con menos recursos entre outras.

Igualdade, coa xestión do Centro de Información á Muller que desenvolve accións encamiñadas á prevención do maltrato e a ao traballo pola igualdade real e efectiva.

Eduación, relacións coa  coa comunidade educativa, onde realiza unha labor de dinamización propoñendo diferentes actividades lúdico educativas ao mesmo tempo que procura a mellora dos centros de ensino con diversas intervencións nos CEIPs do municipio.

Tamén enNormalización Lingüística, tendo en conta que a principal manifestación de identidade dun pobo é a súa lingua desde este departamento promovese e garántese o uso do galego en todos os planos da vida pública.

Xuventude, a organización de  iniciativas de cara a informar  a mocidade e  promover a súa participación en distintos niveis e programas son as liñas de actuación deste departamento.

Antonio Ferro Losada  é o  concelleiro encargado desta área, na que ademais das tarefas de mantemento da extensa rede viaria municipal, se coordina entre outros os departamentos de xardinería, mantemento de centros municipais, limpeza de rúas, parques, electricidade, campos das festas….