Empadróate. En Silleda somos máis

Bases do III Concurso de promoción do empadronamento nas festas do Concello de Silleda ‘Nas festas… somos máis!’

  1. Obxeto

 

O Concello de Silleda convoca o III Concurso Nas festas… somos máis!, coa intención de promocionar a riqueza turística e  paisaxística do Trasdeza, así como de fomentar o empadroamento no noso municipio.

  1. Participantes

Poderán participar neste certame todos os colectivos legalmente constituídos e as  Asociacións organizadoras de festas patronais e/ou gastronómicas do municipio de Silleda, e cuxos integrantes estean empadroados en Silleda (o representante deberá ser maior de 18 anos).

 

  1. Descrición dos traballos e temática.

Entenderase como ‘traballo participante’ a totalidade da campaña promocional da festa que se realice para cada evento, así como a promoción turística e de empadroamento que se leve a cabo durante o evento en cuestión.

 

Cada organización deberá presentar unha memoria na que se especifiquen as actividades de promoción da festa e durante a mesma. Entenderanse actividades que se poidan engadir nesta convocatoria:

 

– Accións de promoción do empadroamento durante a promoción da festa (cartaces, actos de presentación do evento…)

 

– Actividades levadas a cabo durante a festa ( actos de divulgación da riqueza cultural, patrimonial e turística)

 

– Promoción dos grupos culturais e musicais locais, mediante a contratación de grupos musicais, de baile tradicional, de animación… ou de calquera outra índole; que teñan a sede no noso municipio.

 

– Calquera outra acción ou actividade que a organización estime oportuna engadir ás xa establecidas nestas bases, e que se considere que colaboran á finalidade desta convocatoria.

 

A temática será exclusivamente a promoción do noso Concello e o fomento do empadroamento no mesmo.

 

Valorarase a orixinalidade das iniciativas, e para levalas a cabo poderán solicitarse ao Concello de Silleda cantos materiais divulgativos sexan necesarios –sempre e cando o Concello dispoña deles e nesas datas se atope desocupado-, como poden ser os carteis enrollables turísticos (roller up), folletos informativos para a súa visualización…

 

  1. Premios

Haberá tres premios:

 

1º Premio: 1.500 €

 

2º Premio: 1.000 €.

 

3º Premio: 500 €.

 

A dotación de cada un dos premios terá como finalidade a financiación da Festa patronal e/ou gastronómica que representa a comisión organizadora (queda constancia que o premio irá dirixido a subvencionar custes da festa –do ano en curso ou da vindeira edición en anos posteriores-, e non actos ou actividades realizados pola comisión/organización non relacionados co evento).

 

  1. Prazos

 

Poderán concurrir a este Concurso todas campañas organizadas durante este ano 2018 (dende o 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro).

 

O prazo para a presentación das memorias abrangue dende o 2 ao 15 de xaneiro de 2019 (ambos inclusive).

 

Os traballos presentaranse no Rexistro Municipal.

 

  1. Documentación a presentar para a concurrencia a este Certame.

 

Para participar neste concurso, as diversas organizacións/comisións deberán presentar unha memoria na que se expoñan as distintas accións de promoción do noso municipio e de fomento do empadroamento en Silleda. O formato será en soporte físico (papel ou similar), no que se explique de xeito minucioso os pasos seguidos para acadar o obxeto deste Concurso.

Adxuntarase o modelo de solicitude ANEXO 1 no que constarán os datos das persoas integrantes da organización, ademais da seguinte documentación:

 

  1. Se a organización é unha Asociación constituída:

 

– Copia da acta de constitución.

– Certificado do Secretario acreditando os datos do Presidente (ANEXO 2).

– Certificado bancario do número de conta.

 

  1. Se a organización é un colectivo legalmente constituído:

– Copia do Decreto do Permiso de festas concedido polo Concello de Silleda.

– Certificado bancario do número de conta.

 

 

 

 

  1. Publicidade das bases.

 

Estas bases serán publicadas na prensa, así como na páxina web do Concello de Silleda e nos distintos perfís e páxinas administradas polo mesmo.

 

  1. Xurado

 

O xurado estará composto por unha comisión valorativa conformada por persoal municipal con criterio en temas de promoción do municipio,así como representantes do tecido asociativo do municipio (membros de asociacións que non teñan relación algunha coas organizacións ou festas participantes):

 

 

– Presidente: Alcalde

– Vogal 1: Concelleira de Turismo e Cultura.

– Vogal 2: Responsable do Departamento de Prensa do Concello de Silleda.

– Vogal 3: Representante asociativo.

– Vogal 4: Representante asociativo.

– Vogal 5: Técnico de cultura (que realizará as funcións de secretario sen voz nin voto).

 

O Presidente terá a función de desempatar no caso de que se produza algún empate ou incidencia que leve a unha situación de que as puntuacións estean igualadas entre dous ou máis participantes.

 

De existir algún incidente ou inconvinte que conleve a algún dos membros inscritos no Xurado a non poder participar no mesmo, o posto deberá de delegarse noutra persoa do seu mesmo rango.

 

  1. Criterios de concesión:

 

Os traballos presentados valoraranse en base a:

 

  1. Orixinalidade e calidade da campaña, en xeral………………..……. 10 puntos.
  2. Duración da campaña previa á festa………………………………….5 puntos.
  3. Número de posibles destinatarios na campaña e impacto no noso municipio e fóra del (en base aos medios de comunicación utilizados e distribución de cartaces e material divulgativo da festa, así como a súa repercusión nas redes sociais e outras plataformas dixitais) ……………….………………………………………………………….10 puntos.
  4. Contratación musical ou outro tipo de animacións (presentación, animación infantil…) en base a grupos locais (que teñan a sede no noso municipio) …….…………5 puntos por cada grupo contratado cun máximo de 20 puntos.

 

  1. Aceptación das bases.

A participación neste concurso conleva a participación das presentes bases.

 

6.      Documentación a presentar para a concurrencia a este Certame.

Para participar neste concurso, as diversas organizacións/comisións deberán presentar unha memoria na que se expoñan as distintas accións de promoción do noso municipio e de fomento do empadroamento en Silleda. O formato será en soporte físico (papel ou similar), no que se explique de xeito minucioso os pasos seguidos para acadar o obxeto deste Concurso.

Adxuntarase o modelo de solicitude ANEXO 1 no que constarán os datos das persoas integrantes da organización, ademais da seguinte documentación:

A.    Se a organización é unha Asociación constituída:

  • Copia da acta de constitución.
  • Certificado do Secretario acreditando os datos do Presidente (ANEXO 2).
  • Certificado bancario do número de conta.

B.     Se a organización é un colectivo legalmente constituído:

  • Copia do Decreto do Permiso de festas concedido polo Concello de Silleda.
  • Certificado bancario do número de conta.

7.      Publicidade das bases.

Estas bases serán publicadas na prensa, así como na páxina web do Concello de Silleda e nos distintos perfís e páxinas administradas polo mesmo.

8.      Xurado.

O xurado estará composto por unha comisión valorativa conformada por persoal municipal con criterio en temas de promoción do municipio,así como representantes do tecido asociativo do municipio (membros de asociacións que non teñan relación algunha coas organizacións ou festas participantes):

  • Presidente: Alcalde
  • Vogal 1: Concelleira de Turismo e Cultura.
  • Vogal 2: Responsable do Departamento de Prensa do Concello de Silleda.
  • Vogal 3: Representante asociativo.
  • Vogal 4: Representante asociativo.
  • Vogal 5: Técnico de cultura (que realizará as funcións de secretario sen voz nin voto).

O Presidente terá a función de desempatar no caso de que se produza algún empate ou incidencia que leve a unha situación de que as puntuacións estean igualadas entre dous ou máis participantes.

De existir algún incidente ou inconvinte que conleve a algún dos membros inscritos no Xurado a non poder participar no mesmo, o posto deberá de delegarse noutra persoa do seu mesmo rango.

9.      Criterios de concesión:

Os traballos presentados valoraranse en base a:

A.    Orixinalidade e calidade da campaña, en xeral………………..……. 10 puntos.

B.     Duración da campaña previa á festa………………………………….5 puntos.

C.     Número de posibles destinatarios na campaña e impacto no noso municipio e fóra del (en base aos medios de comunicación utilizados e distribución de cartaces e material divulgativo da festa, así como a súa repercusión nas redes sociais e outras plataformas dixitais) ……………….………………………………………………………….10 puntos.

D.    Contratación musical ou outro tipo de animacións (presentación, animación infantil…) en base a grupos locais (que teñan a sede no noso municipio) …….…………5 puntos por cada grupo contratado cun máximo de 30 puntos.

10.  Aceptación das bases.

A participación neste concurso conleva a participación das presentes bases.

ADXUNTOS