PACTO DE ALCALDÍAS PARA O CLIMA E A ENERXÍA

¿Qué é?

O Pacto de Alcaldías para o Clima e a Enerxía consiste no compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40 % a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, traballando á súa vez na implantación de medidas de adaptación ó cambio climático e aumento de resiliencia fronte a este, así como un aumento da cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na UE e fóra dela para mellorar o acceso á enerxía segura, sostible e alcanzable.

Sectores como os municipais, residenciais e terciarios e o transporte considéranse sectores clave para a mitigación. As autoridades locais deberán concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.

Enlace á web oficial: www.pactodelosalcaldes.eu

Compromisos

  • Reducir as emisións de CO2 no noso territorio en a lo menos un 40% ata o 2030 mediante o aumento da eficiencia enerxética e un maior uso de fontes de enerxía renovables.
  • Traballar na promoción de medidas para a adaptación ó cambio climático mediante a creación de plans de acción en favor da enerxía sustentable e o aumento de resiliencia fronte ó cambio climático.
  • Elaborar un Inventario de Emisión s de Referencia e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do Cambio Climático, como base para o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) no que se resuman as accións clave que planean levar a cabo.
  • Presentar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible no prazo de dous anos a partir da sinatura oficial do Pacto de Alcaldías para a supervisión e verificación do proceso.
  • Desenvolvido o Plan de Acción, elaborar un informe bianual para a avaliación, control e verificación dos obxectivos, informando dos fitos acadados en cumprimento do Plan.
  • Compartir a nosa visión, resultados, experiencia e coñecemento con outras autoridades locais e rexionais da Unión Europea.
  • Adaptar as estruturas do Concello incluíndo a asignación de suficientes recursos humanos para o desenvolvemento das accións necesarias.
  • Mobilizar á sociedade civil no noso ámbito para que participe no desenvolvemento do Plan de Acción.
  • Comunicar os presentes acordos á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para facer posible as tarefas de apoio e coordinación.
O Pacto paso a paso

Silleda e o Pacto de Alcaldías

O Concello de Silleda adheriuse en abril do 2019 ó Pacto de Alcaldías co obxectivo de cumprir de forma efectiva a totalidade de compromisos que leva consigo o acto de adhesión.

Con este paso, o Concello de Silleda integrase no maior movemento mundial de autoridades para a loita contra o cambio climático.

.

A elaboración e redacción do PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) do Concello de Silleda foi obxecto de subvención, segundo a orde do 5 de maio de 2020 da Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais asinantes do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía Sustentable . A axuda, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, tivo un por importe total de 5.800 euros. Así o Concello de Silleda percibiu mediante a citada subvención 1.600 para o invetario de referencia de emisións (IRE); 1.000 euros para a avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio; 700 euros para a creación de xornadas consultivas e outros 1.493,39 euros para a Redacción e entrega do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable.