A Concellería de Benestar informa do Programa Xuntos de Nadal, que ten aberto o prazo ata o 17 de novembro

Silleda, 7 de novembro  de 2017.   O departamento de Benestar Social de Silleda informa sobre o programa Xuntos polo Nadal, organizado pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, e que está destinado a persoas maiores de 60 anos que vaian pasar o nadal en soidade.

Esta iniciativa levarase a cabo entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro próximos. Inclue a estancia nunha residencia durante 16 días (15 noites); aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan  e tamén actividades de animación sociocultural.

As solicitudes deben realizarse no departamento de Servizos Sociais ata o vindeiro día 17 de novembro. 

Este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, diríxise especialmente  ás persoas maiores que se atopen soas no Nadal por distintas circunstancias.

No caso dos veciños e veciñas de Silleda que se acollan a este programa, o destino será a Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), onde se aloxarán os usuarios do programa procedentes das provincias de Lugo e Pontevedra.

 

Ademais de ter 60 anos cumpridos, para participar esíxese que as persoas solicitantes se valgan por sí soas, que non estén acollidas nun centro residencias, ou que teñen menor nivel de ingresos económicos. Terán preferencia aqueles que non participaran antes no programa.

En canto ao custe do servizo, as persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 €.

Para recibir máis información, ademais de dirixirse ao departamento de Benestar Social,  ou a través do portal web da Consellería de Política Social: http://benestar.xunta.es.

“Con este programa preténdese ofrecer unha maior atención a aquelas persoas que vivan soas, para que pasen en compaña doutros maiores unhas datas tan sinaladas como son as festas do Nadal”, engade a concelleira de Benestar Social, Pilar Peón.