A Concellería de Medio Rural e Servizos acomete novos bacheos no rural

Silleda, 7 de maio de 2014. O departamento municipal de Medio Rural e Servizos, que dirixe Klaus Brey, vén de iniciar un novo plan de bacheo nas pistas do rural. A brigada municipal está a traballar estes días na parroquia de Laro. Os traballos comezaron no lugar de Sante e seguirán polo resto de aldeas da localidade.

“Mentras as condicións meteorolóxicas o permitan seguiremos bacheando por zonas. Agora estamos na parte sur do municipio”, indica o concelleiro sinalando que nas vindeiras semanas se traballará en Refoxos, Parada, Oleiros, Cortegada…

En canto ás queixas dos veciños de Pedrouzo, Brey advirte que o Concello está a traballar seguindo un orde e “cando cheguemos a Graba atenderase esta petición, ao igual que outras”, indica.