A Escola de Familia de Silleda celebra unha nova sesión o xoves 11 de xaneiro

Silleda, 8 de xaneiro de 2018.  A Escola de Familias de Silleda que se creou o pasado ano volve celebrar unha nova sesión neste trimestre. A cita será este xoves día 11 de xaneiro na Casa da Cultura ás 20:30 horas. Ao igual que nas anteriores sesión, a cita, aberta ao público e gratuita, será impartida polo psicólogo, terapeuta e mediador familiar Carlos Vila, da Asociación para o Crecemento e Orientación Familiar.

Esta será a cuarta sesión logo da estrea desta iniciativa en maio do pasado ano.

Este proxecto nace da demanda de pais e nais polos cambios na sociedade actual que afectan en gran medida á educación dos cativos

Todos aqueles aqueles pais e nais que teñan dúbidas ou que desexen consellos sobre cómo manexar situacións cos seus fillos poden participar nestas sesións, totalmente gratuitas.

As sesións, de entrada libre para pais e nais con fillos menores de calquera idade, servirán para que os pais e nais pregunten calquera dúbida ou pidan consello sobre situacións que lles coste manexar.

Dende a Concellería de Educación, que se puxo en marcha con Acrofam a través da Anpa do CEIP de Silleda, faise un chamamento a todos os pais e pais para que asistan “a este espazo onde se poñerán en común as nosas inquedanzas na procura de solución”, engade a súa responsable Pilar Peón.