Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de cociña do programa Coeducamos

Silleda, 7 de agosto de 2013. O Concello de Silleda, a través do departamento de Benestar Social e Igualdade, volve a promover o programa Coeducamos coa finalidade de afianzar no ensino e na familia os valores e prácticas coeducativas.

Dentro desta iniciativa inclúese a actividade titulada Os saberes diarios, un obradoiro de cociña gratuito para nen@s e adolescentes, que se desenvolverá a partir da primeira semana de outubro.

O obxectivo da iniciativa é romper cos roles asignados a mulleres e homes pola sociedade, sensibilizar pola educación en igualdade, fomentar a idea de que as tarefas domésticas no son cousa de mulleres senón de persoas, mellorar a calidade nutricional de nenas e nenos a través da educación e conciencialas sobre a importancia de adquirir hábitos saudables.

A concelleira de Igualdade, Dolores García explica que a   proposta consiste ao mesmo tempo en sensibilizar a nenas e nenos, mozas e mozos  cara aos alimentos e a cultura gastronómica.

 

As/os máis pequenas/os descubrirán o que comen e realizarán todo o proceso da receita, coa orientación das/os monitoras/es, escoitarán historias sobre a orixe dos alimentos, probarán produtos.. ..Cada unha/un levará a súa casa o que realizou así, esta vez, os proxenitores comerán o que elas/eles cociñaron. Mentres, os adolescentes empezarán a ser independentes na cociña.

Os interesados en anotarse (hai dous grupos: de 4 a 10 anos e de 11 a 17) poden informarse a formalizar a inscrición, totalmente gratuita, nas dependencias do Centro de Información á Muller (CIM), no Centro Social de Silleda, ou ben chamar ao 986 592037.