Aprobada a Conta Xeral da anualidade de 2012

Silleda, 5 de agosto de 2013. A Conta Xeral do Concello de Silleda correspondente á anualidade de 2012 foi aprobada na comisión especial de contas celebrada hoxe. A  contabilidade foi dictaminada a favor co apoio do grupo de goberno (PSOE) e do BNG, e coa abstención do Partido Popular. Agora, unha vez publicada no BOP, a Conta Xeral someterase a exposición pública durante 15 días. Ademais as persoas que queiran presentar alegacións ao documento, que recolle a contabilidade de todo o ano, terán outros 8 días máis.

A Conta Xeral inclúe, entre outros a liquidación, da que xa se deu conta no pleno ordinario de maio, cun resultado excepcional, xa que ademais de deixar todas as facturas pagadas, acadouse un resultado orzamentario de case 800.000 euros. “Este goberno conseguiu encamiñar a xestión económica deste Concello. Agardamos poder continuar nesta senda”, sinala o alcalde, Manuel Cuíña Fernández.